viernes, 17 de julio de 2015

nube de intereses de Florinda Souto Allo

Estas son mis principales áreas de interés:


Cando unha persoa desempregada acude  a un técnico de orientación laboral é co obxectivo de que lle axude a incorporarse ao mercado laboral. Cada persoa que busca traballo parte dunha situación única. A súa formación, as súas capacidades, os seus recursos e o seu obxetivo profesional pode ser distinto o dos demáis.

A través dunha entrevista individualizada e  presencial que ten carácter informativo e motivador concretarase un plan inicial de traballo que lle permita situarse  en mellor posición e de forma máis competitiva ante un determinado mercado de traballo.

Este plan de traballo poderase desenvolver en intervencións puntuais ou nun proceso: Itinerario Personalizado de Inserción (IPI). O orientador debe conseguir potenciar  a motivación e a autonomía da persoa demandante na búsqueda  de emprego. Adquirir o coñecemento dos instrumentos e habilidades necesarias para a búsqueda activa de emprego( BAE.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario