viernes, 17 de julio de 2015

nube de intereses de Marta Crespo Miramontes

Estas son as miñas principais áreas de intereses:





Eu tiña oído falar da Orientación Laboral pero non sabía ben en que consistía ata que un bon día  me aparece a oportunidade de traballar neste campo.Recordo as primeriras Entrevistas que fixen  non sabía por onde empezar,facendo preguntas aos usuarios según un formulario previamente preparado,foron horribles!!,todavía me lembro delas.

Sentiame impotente frente a aquelas persoas que me estaban contando os seus problemas, non sabía que decirlles  o único que necesitaban era que alguén os escoitara,dinme conta do importante que é a Empatía para que a persoa que tes enfrente se sinta cómoda durante a entrevista,o  único aspecto que traballei con aqueles primerios usuarios foi a Motivación.


Co tempo foi cambiando o Perfil dos usuarios,xa viñan solicitando outro tipos de servizos: Información sobre cursos,etts,portais de emprego….,que lles deras pautas para confeccionar o seu Curriculum Vitae ou unha Carta de presentación,traballaronse  as Habilidades para que lles fora mais doado a súa Inserción no Mercado Laboral,realizaronse Itinerarios personalizados onde se profundizaba máis a búsqueda de Emprego.


A día de hoxe sigo facendo labores de Orientación pero cun colectivo especial menores de 25 anos,Programa de Garantía Xuvenil.


Considero que este traballo é moi importante,pola labor que se fai coa xente.É un campo no que todavía me queda moito por aprender.




Sigueme en Twitter








No hay comentarios:

Publicar un comentario