martes, 28 de julio de 2015





Reflexións sobre o Módulo 1:Marco Conceptual de Marta Crespo


O curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral estructurase en 4 módulos:


1- Marco Conceptual
2- Marco Persoal
3- Marco Instrumental
4- Proxecto final


O primeiro módulo :Marco Conceptual está integrado por 5 temas:


1)- Marco de referencia da Orientación Laboral
2)- Mercado Laboral
3)-Certificación e Formación Profesional
4)- A Política de Empleo e Social da Unión Europea
5)-A Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral


1- MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACION LABORAL


Neste tema defínese o Sistema Nacional de Empleo (SNE) que está formado polo Sistema Público de Emprego de Galicia (SPEG)  e o Sistema Público de Emprego Estatal (SEPE).


Facemos distinción entre Políticas Activas e Políticas Pasivas;as políticas activas de emprego son levadas a cabo polo SPEG,están dirixidas a mellorar as posibilidades de acceso ao emprego, mentras que as políticas pasivas son levadas polo SEPE,son as relaciondas  coas prestacións.Faise referencia as oficinas de emprego do SPEG que son o elemento organizativo básico  onde se ofrecen diferentes servizos relacionados  coas políticas activas de emprego.Existen 53 oficinas de emprego e 3 oficinas do empregador.


Deixamos clara a importancia  da Clasificación das demandas de emprego onde se deixe reflexado correctamente  a dispoñibilidade,empregabilidade e ocupabilidade dos demandantes creo que isto é fundamental para  poder intermedia mellor nas ofertas de traballo.


As medidas de Políticas Activas  clasificamolas  en:
*Servizos  para a mellora da empregabilidade.
*Axudas  ao autoemprego e  a economía  social.
*Axudas  á contratación por conta allea.


Resaltar a importancia dos programas de medidas de Activación do Emprego para parados de longa duración (ACTIVA)  e  a Estratexia de Garantía Xuvenil.Son programas dirixidos  a colectivos que representan  unha elevada porcentaxe de poboación desempregada en Galicia.





2- MERCADO LABORAL


Neste tema refléxase  a importancia de coñecer as tendencias do mercado de traballo.Facemos distinción entre Oferta  e Demanda de traballo.Analizamos o equilibrio do Mercado según a Escola Clásica e   a Keynesiana.


Falamos dos indicadores do mercado de traballo:
-  Enquisa de Poboación Activa (EPA) que se ten en conta para medir a taxa de paro e o estado do mercado laboral.
- Informe de Paro Rexistrado que é levado a cabo polo SEPE mensualmente.


Distinguimos 4 clases de paro:friccional,estructural,ciclico e estacional,sabendo o tipo de paro que existe na nosa economía poderemos coñecer as causas  e os efectos que isto provoca.




3- CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL


Neste tema falamos de Formación Profesional que se desenrola mediante módulos  como un paquete de competencias  que son os compoñentes mínimos acreditables.


Distinguimos dous conceptos:”competencia” e “cualificación”.Definese o concepto de Cualificación como o conxunto de competencias dunha área ou ocupación determinada.Competencia é o conxunto de capacidades,habilidades,destrezas que unha persoa ten  e as pon en acción.
Destaco unha matización que Elena González fixo na sua ponencia “Competencia  implica sempre capacidade pero capacidade non implica competencia “deixandonos claro que si unha persoa  é competente é capaz de facer calquer cousa pero polo contrario si unha persoa ten capacidade é capaz de facer unha determinada materia  pero non quere decir que sexa competente noutra.


Profundizamos no concepto de Formación Modular e Formación Dual.A Administración Educativa é  a que proporciona os títulos  académicos e a Administración Laboral e a que da os Certificados de Profesionalidade.Concluímos que o Certificado de Profesionaliade non é un título académico  senón que é unha Acreditación Laboral  que lle corresponde otorgar a Autoridade Laboral.A finalidade destes Certificados é acreditar competencias,ten carácter oficial e validez en todo e estado español.


Ferramentas que temos que ter en conta pola súa importancia e a súa utilidade:Sistema Nacional das Cualificacións (SNCP)Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL)Instituto Galego das Cualificacións (IGC)Catálogo Nacional das Cualificacións,Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade.


A segunda parte do tema foi impartida por Ana Ferreiroa,aquí profundizouse no tema dos Certificados de Profesionalidade e no procedemento do Recoñecemento da Competencia Profesional adquirida pola experiencia profesional e as vías existentes entre os títulos de F.P.  e os Certificados de Profesionalidade,as vías de acreditación e as unidades de competencia.Vimos  a equivalencia entre os Novos Certificados de Profesionalidade e os Vellos.


Considero que este tema  é fundamental desde o meu punto de vista xa que como orientador  temos que ter claro cales son as vías de acceso e os mecanismos para a obtención das competencias clave e os certificados de profesionalidade e saber informar aos nosos usuarios sobre o recoñecemento da súa experiencia profesional e así poder obter a certificación laboral acorde a súa profesión.









4- A POLÍTICA DE EMPREGO E SOCIAL DA UNIÓN EUROPEA


Neste tema señalamos as redes de información europea  e os recursos e Institucións  que existen no ámbito da Unión Europea.Grazas a ponencia de Cristina Couto quedanos claro a qué se aplican  e a onde van destinados os Fondos Europeos.


Ferramentas e oportunidades de mobilidade que hai que destacar:Enterprise Europe Network,Rede Eures,Naric,Europe Direct,Euroguindace,Centro Europeo do Consumidor,Eurodesk,Becas Erasmus,Becas Faro e Solvitrope ,facendo referencia a este último como unha importante porta de cara a resolución de problemas cando están fora do noso país.Todos eles son moi importantes para dar unha información correcta da Unión Europea e así poder informar e orientar aos usuarios para que poidan beneficiarse de programas axudas, subvencións e becas  para mellorar a sua empregabilidade tanto por conta propia como por conta allea,ampliar a súa formación académica e profesional.Considero que todas estas ferramentas poden ser un material moi útil para as persoas que queiran ir a traballar  ou estudar a algún país da Unión Europea.
Teño que recoñecer que este tema resultoume moi interesante  e a vez moi útil  para poder informar aos usuarios sobre  posibles oportunidades que lles poidan aparecer  na Unión Europea tanto a nivel profesional como académico.













5- A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE  ACCESO AO MERCADO LABORAL


Neste tema falamos do modelo productivo  do noso país que está baseado en PYMES onde non se requería man de obra cualificada,pero coa chegada da crise moitas empresas tiveron que cerrar  o que provocou a caída do Mercado Laboral .Había que crear un novo modelo productivo ,cambiar a estructura empresarial,poñer en marcha empresas onde se demandasen postos de traballo de maior cualificación e que non se visen afectadas polas fluctuacións do mercado.
Hai que destacar  a necesidade  de potenciar o Autoemprego e a Creación de empresas,pero en España para poder poñer en práctica isto hai que  facer unhas melloras como son:implantar materias de emprendemento na etapa escolar ,mellorar o acceso ao finanzamento ,necesitase ter unha formación específica para detectar oportunidades,reducir os trámites administrativos e minorizar prazos para crear empresas.


Considero que se poñen en marcha todos estos aspectos non habería tanto medo e tanta desmotivación  á  hora de emprender e non estaríamos suxeitos ás valoracións dos demais.


Na ponencia que fixo Fernando Agullo do tema deixanos claro os distintos elementos do Proxecto Emprendedor mediante un esquema:IDEA (¿Qué facer?)PLAN DE EMPRESA (¿Cómo?)MOTIVOS (¿Quén? ¿Porqué?).Dentro do Plan de Empresa facemos una apartados :*¿Que é?,¿Cómo se elabora?,¿Para qué sirve?.Considero que o Plan de Empresa é de gran axuda  para darlle forma a idea de empresa e validala.


Desenrolamos un modelo  de validación de idea de negocio chamado MODELO CANVAS  a través dun caso práctico que resulta moi interesante  á hora de asesorar e orientar as persoas que queiran poñer en marcha unha empresa.







Por último teño que facer mención das sesións presenciais que tivemos con Carlos Parada onde estivemos  traballando as nosas Competencias Dixitais ,chegamos a crear un perfil en Twitter,iniciamonos no manexo de Storify,creamos un blog, como insertar fotos e videos no noso blog…..cousas que ata ese día eu non manexaba  e descoñecía como se utilizaban,considero que son moi útiles  pero no meu caso creo que neceistaría unhas clases  intensivas para profundizar nestes aspectos




Recursos adicionais:


SEPE

SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO DE GALICIA

GARANTIA XUVENIL

PORTAL DE F.P.CONSELLERIA DE CULTURA,EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA


RED EURES.TRABALLAR EN EUROPA

ELABORACION PLAN DE NEGOCIO




No hay comentarios:

Publicar un comentario