viernes, 30 de octubre de 2015

Mi reflexión do Marco Instrumental: O traballo do Orientador Laboral e O Plan de Empresa

Neste Módulo xa máis específico e máis enfocado na figura do Orientador Laboral, me fixo reflexionar nas principais funcións e accións que ten que executar o orientador laboral. E como a de ser á persoa que vai aconsellar ós usuarios que se presentan día tras días nas oficinas de emprego en búsqueda de asesoramento, técnicas e instrumentos para poder saír dunha situación non menos inquedante como é o feito de non ter traballo.

Os temas seguintes:

  • Intermediación Laboral.
  • Itinerarios de Inserción.
  • Procesos Individuais de Orientación e Axuda na toma de decisión.
  • Análise de perfís profesionais e prospección de emprego.
  • Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego.
  • A Elaboración do plan de empresa: O plan de empresa.

Foron impartidos por Teresa Deus, mediante exposicións, traballos grupais e simulacións de situacións de Fases de Itinerarios de Inserción e por Fernando Agulló, no relativo O Emprendemento e O Plan de Empresa, mediante a elaboración dun Plan de Empresa.


O primeiro tema adicado a "Intermediación Laboral" comeza cos modelos de intervención laboral (didáctico, de asesoramento e centrado nos recursos) e resalta a súa importancia de ser usados como guías complementarias e flexibles, xa que a elección dunha u outra, dependerá das persoas que interactúan e das circunstancias e necesidades do momento. Logo fai mención o marco metodolóxico da intervención en España, o cal foise desenvolvendo a partires da práctica e experiencia dos orientadores laboráis, por carecer o noso País dun marco académico. Sen olvidarnos que como Estado que somos da Unión Europea, temos que estar ó tanto das tendencias dos demáis Estados Membros no ámbito da orientación laboral. Ademáis dos principios nos que debemos basar á orientación Laboral (individualización, flexibilidade e desenvolvemento/potenciación da autonomía do participante), e as accións a realizar mediante a atención individualizada a través das entrevistas individuais e de accións grupais a través de talleres de : recursos persoais, busca de emprego. Para finalizar cos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, principalmente os discapacitados.



Imagen | OpenClipartVectors
O segundo tema "Itinerarios de Inserción" comeza coa sua definición e características. E ó define coma un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos participantes. Como proceso que é ten unha primeira fase a de "acollida" (toma de contacto) que comprende unha primeira diagnose (recollida e valoración da información) acompañada dunha posterior diagnose (análise DAFO), a segunda fase a de  "Devolución e Compromiso" (facilitánse técnicas o mesmo que se lle pide compromiso de participación), a terceira a de "Seguimento e Acompañamento" (talleres para o desenvolvemento de actitudes e capacidades, ademáis da supervisión de que segue o proceso de conseguir un emprego, mediante o reforzo do seu progreso), e por último a de "Peche" (Avaliación dos cambios e logros e perspectivas de futuro).



O terceiro tema "Procesos Individuais de orientación e axuda na toma de decisións" adica a primeira parte as entrevistas, diferenciando a entrevista de orientación laboral da Entrevista de Selección, en particular a de selección por competencias.

Un exemplo das preguntas que poden facer nunha entrevista de Selección é  o que nos amosa o seguinte video:




O seguinte bloque que nos ensina este tema é a orientación laboral na Unión Europea, que características e aspectos nos aproximan e nos alonxan en canto a orientación laboral ó resto dos Estados Membros, Tamén cales son as tendencias actuais,


O carto tema "Análise de perfís profesionais e prospección de emprego", nos indica as tarefas fundamentais a desenvolver por parte do orientador laboral . Sendo unha delas o análise de postos de traballo. Para iso o orientador debe ser competente en saber tratar as distintas fontes de información que están o seu alcance (Ofertas Laborais, Certificados de Profesionalidade, fichas profesionais, etc), para pode facer un perfil profesional adecuado a cada usuario.  Ademáis de saber cales son os perfis profesionais máis demandados e as novas profesións que van xurdindo, a través dunha prospección empresarial.

O quinto tema "Técnicas e ferramentas para ao acceso ao emprego e autoemprego"nos ensina todo tipo de ferramentas e técnicas que precisa o usuario para conseguir un emprego a través da autocandidatura polos distintos canles e ferramentas de contacto. Facendo incidencia no proceso de selección onde teñen especial relevancia as cartas de presentación e o curriculum, (hoxe moi valorado o video curriculum), xa que son a porta de entrada a entrevista e as posteriores probas de selección (Test aptitudinal, Dinámicas Grupais, Probas de personalidade, etc)


Este curso nos aportou moitos coñecementos en canto as Ferramentas 2.0, o que considero imprescindible para atopar traballo, xa que hoxe son moitas empresas que prefiren a comunicación dixital, por ser máis cómoda e áxil. E como non. os orientadores laborais teñen que estar o día para transmitir estes coñecementos os seus usuarios.


Imagen | Geralt

E para finalizar, o sexto tema "O Plan de Empresa",  claro exemplo da flexibilidade na orientación laboral para adaptarse os cambios, xa que a crise económica fixo que moita xente se planteara emprender. As veces as dificultades e a necesidade aumentan a creatividade das persoas. Claro exemplo da autora das historias de "Harry Potter". Por iso, a importancia deste tema, xa que o orientador ten que estar actualizado e ter recursos suficientes para cando o usuario lle pida consello e asesoramento  sobre crear unha empresa o poñer o seu propio negocio. Por iso o tema se centra en aspectos fundamentais como o estudo de mercado, o producto, o prezo, a segmentación de mercado para posicionar correctamente o produto, a distribución e comunicación, as ventas previstas, o persoal que vai precisar a empresa para levar a cabo a súa actividade, etc. 

En resumo, como elaborar un plan de empresa para saber se ese negocio ou empresa vai ser viable.


Imagen |Geralt




Para Saber Máis:


Europass
Igape


No hay comentarios:

Publicar un comentario