miércoles, 14 de octubre de 2015

Obxectivo... inserción laboral

Quero empezar dando as gracias as administradoras do blog  Novos Camiños, por esta invitación que me permite compartir con todos vós este artigo, como nos enfrentamos o futuro coa axuda dos Orientadores Laborais.... Obxectivo... inserción laboral.

Cando nos enfrontamos o futuro pódense desencadear multitude de dudas... e agora, qué vou facer? sigo estudiando, póñome a traballar... e si estudio, qué carreira vou facer.. cal me pode dar unha saida profesional?  Estas e moitas outras dudas son comúns e non solo en adolescentes que están a piques de rematar o seus estudos obrigatorios, tamén se presentan en adultos que xa remataron unha carreira e non encontran saida laboral ou que non teñen formación e estiveron toda a vida traballando e agora esixelles un certificado de profesionalidade... A inmersión no mercado laboral, aunque moitas veces sexa de forma intermitente, permite gañar en autonomía e coller confianza en nós mesmos, de ahí que xurdan os Orientadores Laborais.


O obxetivo último dos orientadores laborais é a inserción e integración laboral de persoas demandantes de emprego, con perfiles moi diferentes algunhas veces con situacións de dificil inserción e con moitas carencias formativas, ou moi formados e subempregados, baixos de moral, desmotivadas, parados de longa duración, xovenes, alta temporalidade dos contratos, dificil acceso a grupos en risco de exclusión social etc sendo cada vez máis heteroxeneos.
Hoxe en día a maioria dos traballos aparecen na REDE

A educación e formación para mellorar a empregabilidade, os tempos cambian e con eles as relacións laborais,  fai anos os estudos mínimos que se requerían era ter a Educación Xeral Básica, coñecido vulgarmente como graduado escolar, a partir dos anos 1994-95 que se implantou a Educación Secundaria Obrigatoria (coas súas posteriores reformas LOE 2006 e LOMCE 2013) pasou a ser requisito mínimo para acceder a un posto de traballo.  Tamén hai que ter en conta a reforma da Formación Profesional no 2013 polo que se crean os novos ciclos de Formación Profesional Básica. Grazas os Certificados de Profesionalidade preténdese profesionalizar postos de traballo que ata o momento non requerían ningunha titulación específica, podense obter a través de programas formativos  ou por recoñecemento da experiencia profesional. Destaco tamén a importancia da teleformación ou formación a distancia,actalmente a modalidade  e-learning e a máis novedosa xa que permite a posibilidade de formarse dende casa e con horarios flexibles.

Por parte da administración tómanse outras medidas coa finalidade de alcanzar unha maior empregabilidade, tanto si queremos empregarnos pola nosa conta como por conta allea, entre elas destaco o fomento do emprendemento, impulso de axudas e subvención para fomentar o autoemprego, da Economía Social e da Responsabilidad social das empresas e os estímulos a contratación, incentivos a contratación co fin de fomentar as oportunidades de emprego (a Estratexia Europea 2020 recolle máis que afectarán a todos os estados membros).

Outro factor moi importante e a comunicación, a forma que temos de relacionarnos co medio que nos rodea, comunicación verbal e non verbal, o que decimos e como o decimos son aspectos a ter moi enconta tanto para conseguir un traballo como para manter o que temos. Tampouco me esquezo da importancia das Redes Sociais, facernos con unha boa rede de contactos profesionais, un traballo, uns clientes, uns proveedores.... están máis cerca do que pensamos.

Neste video describeo cambio do mercado laboral e as novas competencias profesionais para afrontar o futuro:



A motivación e a confianza en nos mesmos é fundamental tanto como orientadores así como  cando  somos orientados, como decía Albert Einstein "La mente es como un paracaídas solo funciona si se abres"





No hay comentarios:

Publicar un comentario