lunes, 26 de octubre de 2015

REFLEXION SOBRE O MARCO INSTRUMENTAL. MÓDULO 3



REFLEXIÓN SOBRE O MARCO INSTRUMENTAL. MODULO 3. Marta Crespo





Neste Módulo 3, recóllese o traballo do/a orientador/a laboral, e así trátanse temas como a intermediación laboral, os itinerarios de inserción, os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións, a análise de perfís profesionais e prospección de emprego e as técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego. Maite Deus foi a encargada de tratar todos estos temas. Fernando Agulló foi o encargado de explicarnos a elaboración do plan de empresa.



O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL. INTERMEDIACIÓN LABORAL.


Existen distintos modelos de intervención en Orientación Laboral con características propias e diferenciadas. Os distintos modelos han de funcionar como ferramentas flexibles,que son utilizados en función  das persoas e colectivos a atender,do tipo de actuación planificada e dos obxectivos e fins programados .
Estos modelos de intervención son:
  • Modelo Didáctico
  • Modelo de Asesoramento
  • Modelo centrado nos Recursos.


En Galicia o modelo que se utiliza de xeito habitual consta de 4 elementos básicos:
1. A entrevista como técnica básica da atención/intervención individual.
2. Un "sistema facilitador de inserción" que ordena e relaciona as principais materias ou contidos que configuran a tarefa das/os orientadores.
3. Unha estratexia xeral de intervención  "centrada nos recursos do usuario".
4. Baseada en Itinerarios, unha metodoloxía na que a persoa é a protagonista e pretendemos que se responsabilice do seu propio proceso. Supón desenvolver un plan persoal de emprego no que se recollan os pasos e actuacións que vai protagonizar para mellorar as súas competencias laborais.
O proceso de Orientación Laboral basease en 3 principios: individualización,flexibilidade e desenvolvemento/busca da autonomía.


Os procesos individuais  de Orientación:


Na  entrevista individual, o/a orientador/a tratará de coñecer aspectos
relacionados coa planificacion, motivación, información e habilidades da
persoa usuaria, e que lle servirán para tomar decisións no desenvolvemento da
intervencións.


foto de orientacion.jpg


A  Atención Individualizada é a  unidade básica de actuación, sendo esta o fío condutor da orientación laboral. O usuario ou usuaria poderá participar en accións grupais que axuden a desenvolver habilidades, organizar actividades ou cambiar actitudes cando se considere conveniente como parte do proceso personalizado de intervención.
Podemos definir a ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA como o proceso individualizado de orientación profesional, onde técnico/a e usuario/a acordan os pasos a realizar para conseguir un óptimo desenvolvemento do itinerario de inserción profesional, facilitando os medios máis axeitados para a capacitación nunha busca autónoma de emprego.


ITINERARIOS PERSONALIZADOS DE INSERCIÓN LABORAL


Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso
personalizado e lóxico, que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o
desenvolvemento profesional das persoas que participan no mesmo, especialmente
a través da información e o asesoramento individual e grupal.


Nun itinerario de inserción podemos distinguir as seguintes fases:


1.Recepción e acollida: o obxectivo é coñecer as necesidades e expectativas da persoa usuaria e presentarlle as accións e programas dispoñibles.


2.Recollida de información e análise: estúdianse os datos curriculares da persoa
usuaria e a súa dispoñibilidade para o emprego, valorando a súa situación e
definindo o seu obxectivo profesional.


3.Definición do itinerario de inserción: de acordo coa persoa usuaria, configúrase
o conxunto de programas, servizos, técncias, estratexias e actividades ofertadas...
quedando esto recollido nun documento (compromiso).


4.Desenvolvemento: a persoa usuaria realizará as distintas actividades propostas,
cun seguimento por parte do/a orientador/a, podendo reformularse en función da
avaliación e das oportunidades reais de conseguir un emprego.


5.Finalización: derívase da consecución do obxectivo proposto ou unha vez que se
realizaron as actividades previstas no itinerario.


ITINERARIOS FOTO.jpg


Áreas de traballo nun Itinerario:


Planificación: Trátase de coñecer se a ou o usuario ten obxectivos profesionais definidos e/ou realiza algún tipo de planificación, propoñéndose obxectivos intermedios que lle acheguen a un emprego.


Motivación:  Unha das cuestións que é necesario aclarar ao comezo da orientación son as crenzas, expectativas, actitudes da persoa ante o emprego.


Información : Trátase de coñecer que información profesional (vías de acceso ao emprego e a formación, mercado de traballo, convocatorias públicas, cursos de especialización, directorios de empresas…) está a manexar.


Habilidades:  Exploraranse que tipo de actividades realizan as e os usuarios de cara a atopar un traballo e a súa efectividade.  


Un Itinerario é un proceso que consta de diferentes accións: Seguemento, Acompañamento, Orientación e Formación; o obxectivo  do Itinerario é diagnosticar a situación laboral  e formativa do demandante de emprego e dirixir as súas accións hacia a mellora de esa situación para facilitar  a súa incorporación no Mercado Laboral.


A realización dun Itinerario Personalizado de Inserción Laboral ofrece ao usuario a posibilidade de recibir un Apoio e Asesoramento personalizado en Centros Colaboradores ou Oficinas de Emprego ao tempo que se facilita o acceso ao resto de servizos que se poden ofrecer dende o SPEG (formación, participación en programas de emprego e formación,Programas Experimentais….).


É un sistema útil e eficaz de acceso ao mercado laboral.






Teño que facer unha mención especial neste módulo ós traballos realizados polos distitntos grupos organizados neste curso.Maite foi a encargada de propoñernos casos de  situacións de persoas desempregadas con diversas aspectos persoais,formativos,profesionais..... e nós éramos os encargados de intentar darlle as mellores solucións posibles para que poidese mellorar a suas situacións cara o mercado laboral. Foi unha das mellores xornadas levada a cabo, onde puidemos poñer en práctica todos os nosos coñecementos sobre Orientación Laboral.Unha iniciativa práctica e moi didáctica.



PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDA NA TOMA DE DECISIÓNS.


A entrevista de orientación laboral é un proceso de comunicación entre dúas persoas que ten como finalidade determinar a adecuación d@ candidat@ a un determinado posto de traballo.





Funcións:


Do entrevistador/a:
  • Avaliar ata que punto unha persoa é válida para un posto: se SABE, se PODE ou se QUERE realizar as tarefas dun posto.
  • Comprobar as informacións máis relevantes para o posto de traballo que aparecen no currículo vitae e obter información complementaria.
  • Valorar actitudes, motivación, interese polo traballo e dispoñibilidade.
  • Avaliar a coherencia entre a súa situación, as súas expectativas e o desempeño do posto de traballo
Do entrevistado/a:
  • Demostrar que PODE, SABE e QUERE desenvolver as tarefas do posto ofrecido.
  • Profundar e ampliar toda a información exposta no currículo, saber "venderse" para obter o posto de traballo.
  • Transmitir confianza nun mesmo para a realización das tarefas do posto de traballo.
  • Reunir información referente ao posto de traballo e á empresa (funcións, horario, salario…) para poder decidir a aceptación do traballo.
  • Argumentar os motivos polos que lle interesa o posto e demostrar a coherencia de ocupalo coas súas expectativas e/ou a súa traxectoria profesional.


Partes da entrevista: presentación, desenvolvemento e peche.




mitos entrevistas emprego.gif




Diagnóstico en orientación:


O diagnóstico é o punto de partida fundamental para realizar un proceso de orientación e iniciar un itinerario de inserción. Non podemos axudar a unha persoa a elaborar o seu propio itinerario de inserción e a tomar decisións sobre el mesmo, se previamente non realizamos un diagnóstico inicial. Ademais, é a ferramenta que fará posible valorar a efectividade da nosa intervención, xa que a recollida de datos iniciais permitirá coñecer, se tras a participación da persoa nas distintas accións, se produciron auténticas melloras no seu nivel de empregabilidade.


A  entrevista inicial non só é unha fase previa ou un punto de partida necesario, senón que o diagnóstico forma xa parte do proceso de orientación, posto que a entrevista debe permitir á persoa pensar sobre as súas necesidades, os seus desexos e as súas posibilidades á hora de emprender un camiño enfocado ao cambio na súa vida. Desta maneira, a entrevista ocupacional ou primeira entrevista persoal é xa unha actividade de orientación que incita á reflexión e que pode promover pequenas transformacións, polo menos no autocoñecemento e a autopercepción que a persoa ten de si mesma.

Nesta sesión Maite nos dividiu en grupos distintos ós formados no curso e nos propuxo que traballasemos sobre como teríamos que actuar ante unha chamada a unha determinada empresa onde lle tiveramos que presentar unha información  e concertar unha entrevista.A verdade e que foi unha xornada  moi práctica e moi constructiva.



ANÁLISE  DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO


O coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de
ocupación e as características que definen cada unha das ocupacións é unha das
tarefas dos/as orientadores/as laborais. Para realizar unha análise de postos de
traballo, o/a orientador/a dispón dunha serie de recursos útiles para esta labor:
  • ofertas laborais (por exemplo, ofertas do SPEG, buscadores de ofertas, anuncios por palabras...).
  • certificados de profesionalidade.
  • fichas profesionais
  • profesionais de referencia na ocupación.
  • asociacións e colexios profesionais.
En calquera caso, a persoa usuaria debe ser parte activa deste proceso, xa que é función do/a orientador/a fomentar o papel activo e participativo desta.


Requírese que o técnico coñeza os postos de traballo, potenciais xeradores de ocupaciónes, características das mesmas, perfís competenciais asociados e saber transmitilo.


O perfil profesional é a descrición do conxunto de capacidades e competencias que identifican a formación dunha persoa para encarar con responsabilidade as funcións e tarefas dunha profesión ou traballo determinados.


Debemos ser claros e concisos  á hora de redactar o noso perfil, perfil que por suposto ten que reflectir a nosa forma de ser. Debemos resaltar as características que nos diferencien no momento da selección.


Perfís Profesionais e Prospección de emprego achegan ás empresas que ofertan traballo ás persoas que o buscan e así xorde a figura do Prospector Laboral  como técnico que analiza o mercado de traballo e elixe os sectores e empresas aos que poden acceder os usuarios dos servizos de inserción e orientación laboral segundo as súas competencias e potencial.


Para desenvolver un proceso de prospección de emprego podemos distinguir varias fases:
  • Fase preparatoria: é o punto de partida, onde se fixa o obxectivo da prospección
  • Fase de planficación: contempla accións como a identificación e recompilación de
   información das empresas a visitar e a preparación de material e documentación que se achegará
  • Fase de traballo de campo: fai referencia á propia prospección
  • Fase de avaliación e seguimento: para analizar a información recollida e buscar solucións para satisfacer as necesidades detectadas





AS TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO


Neste tema faise un estudo detallado de todas as ferramentas e técnicas utilizadas en orientación para formar aos usuarios na tarefa de buscar emprego: procesos de selección, currículo vitae, entrevistas, probas, rede de contactos.

Modelos de Currículum Vitae: Curriculum cronolóxico, Currículum cronolóxico inverso, Currículum funcional, Currículum por competencias, Currículum Europass.

http://www.modelocurriculum.net/cv-cronologico-modelos-y-plantillas.html

http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae


Tipos  de Cartas de Presentación: Carta en resposta a un anuncio, Carta de autocandidatura,  Carta de motivación, Carta de seguimento dunha oferta, Carta de agradecemento,Carta de recomendación,

A través das novas tecnoloxías da Información e a comunicación estamos a ver a aparición de numerosas ferramentas innovadoras, cada vez máis utilizadas, que poden servir aos nosos/as usuarios/as para facer a súa candidatura máis interesante:  Videocurrículum , Ferramentas con soporte 2.0.




O OBXECTIVO é proporcionar a información, orientación e ferramentas necesarias a cada usuario, en base ao seu perfil para que poida de forma autónoma buscar emprego ou exporse o autoemprego como via de acceso ao mundo laboral .





As actividades de asesoramento para todas aquelas persoas que se queren iniciar no mundo do Emprendemento   son:


- Informar e motivar para o autoemprego.
- Sensibilizar das repercusións na vida laboral e social da vida empresarial.


- Guiar na elaboración do Plan de Empresa.


- Analizar co emprendedor  a viabilidade do proxecto.


- Planificar e apoiar a posta en marcha.


- Orientar na toma de decisións.


O PLAN DE EMPRESA


O Plan de Empresa é unha ferramenta de traballo imprescindible para aquelas persoas ou colectivos que queiran poñer en marcha unha iniciativa empresarial. Internamente obriga aos promotores do proxecto iniciar a súa andaina con coherencia, eficacia e rigor e externamente é unha expléndida carta de presentación do proxecto a terceiros, pedir soporte financeiro, buscar socios...


O  plan de empresa ten unha dobre finalidade:
- interna: os/as promotores/as deben analizar cada un dos factores (técnicos,
comerciais, humanos, financeiros...), racionalizar o que se ten, planificar o que se debe facer e as estratexias a seguir.
- externa: o plan de empresa é a "carta de presentación" dun proxecto empresarial
a terceiras persoas, co fin de buscar financiamento, novas persoas socias,
presentalo á Administración



Antes de calquera decisión hai que realizar un diagnóstico da organización. Análise Dafo é o método máis sinxelo e eficaz para decidir o futuro ayudandonos a expoñer as accións que debemos levar a cabo para aproveitar oportunidades detectadas e organizarnos fronte a posibles ameazas  tomando conciencia das nosas debilidades e fortalezas.


Non existe un guión estandarizado para realizar un plan de empresa, pero un
axeitado sería o que recollera os apartados seguintes:
  • introdución
  • estudo de mercado
  • plan comercial
  • plan de organización e recursos humanos
  • aspectos legais
  • estudo económicofinanceiro
  • conclusións: viabilidae
  • resumo executivo
  • anexos



Mención especial neste módulo merece o MODELO CANVAS  no que estivemos traballando gracias as explicacións de Fernando Agulló fumos quenes de crear os nosos propios modelos canvas e  os  modelos de empresa.Considero que estas xornadas nas que estivemos traballando sobre o noso modelo de empresa foron moi didácticas aínda que necesitaríamos ter máis sesións presenciais para poder pulir ben todos os aspectos e coñecementos necesarios para que chegado o momento no que tivesemos que formar ás persoas que queren poñer en marcha un negocio ou idea o fixeramos correctamente .




Tamén q teño que facer unha mención especial as sesións levadas a cabo por Carlos Parada Gandos que foi o encargado de poñernos ó día nas TICS.Deunos información de como facer a nosa tarxeta de presentación en About.me, como realizar  o noso PLE,como darnos de alta en Linkedin, como utilizar ferramentas como: Diigo,Scoopt.it,Storify,RSS e Feedly,considero que son unhas ferramentas que nos poden ser moi útiles a nivel persoal e sobre todo a nivel  profesional, aínda que  baixo o meu punto de vista deberíamos traballar máis nelas para que chegado o momento nas que as foramos a poñer en práctica unha vez rematado o curso  non nos entreran dúbidas e o soubesemos facer con total autonomía .










Conclusións:

Dende o meu punto de vista a Orientación persigue incrementar a empleabilidade dunha persoa formándoa nas técnicas de búsqueda de emprego como a elaboración do seu Curriculum Vitae, a preparación da entrevista de traballo ou a búsqueda de ofertas de emprego,facilitarlle páxinas web de emprego,direccións de Empresas de Traballo Temporal….así como desenrolar ou traballar aqueles aspectos persoais para que lle axuden á consecución dos seus obxectivos como o Autoconocimiento e o aumento da Autoestima,chegar a definir o seu Perfil Profesional así como lograr a Motivación hacia unha búsqueda activa e permamente de emprego. Así como facilitarlle ó ususario cursos de formación para o emprego,redes sociais,recursos de emprego que melloren a sua situación cara o mercado laboral.Considero que todos as ferramentas tics que agora coñecemos nos servirán para mellorar a nosa situación persoal e profesional e poderemos dalas a coñecer a todos os nosos orientados.Gracias a toda a información recibida sobre o Plan de Empresa poderemos informar a todas as persoas que queren poñer en marcha o seu negocio.




Para saber máis:

http://traballo.xunta.es/

http://www.educaweb.com/contenidos/laborales/como-buscar-empleo-espana/entrevista/

http://www.laboris.net/static/ca_carta.aspx

https://www.linkedin.com/

http://tu-video-curriculum.com/

http://www.igape.es/gl/

http://avsl.traballoebenestar.xunta.es/

http://www.planemprendedor.com/5-forzas-de-michael-porter-para-marcas-competitivas/




1 comentario:

  1. O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.

    ResponderEliminar